desprender
Conxugar
Audio 1

desprender /verbos/desprender.html verbo transitivo1 Facer que quede solto, que deixe de estar atado ou preso [algo]. Desprendeu os cabelos. SINÓNIMO soltar ANTÓNIMO prender2 Separar [algo que estaba unido a outra cousa]. O vento desprendeu a cornixa.3 Botar [algo] fóra de si. A fogueira desprende calor. SINÓNIMOS despedir, emanar, emitir verbo pronominal4 [Algo] quedar solto ou deixar de estar preso. Desprendéuseme a pulseira. SINÓNIMO soltarse5 [Cousa unida a outra] separarse. Desprendeuse o beirado da torre da igrexa. SINÓNIMO caer6 Saír despedido. As faíscas desprendíanse do coitelo ao afialo. Desprenderse un cheiro. SINÓNIMO emanar7 Prescindir voluntariamente ou por necesidade de algo. Desprendeuse de todas as súas xoias. CONFRÓNTESE renunciar8 figurado Deducirse como consecuencia. Das súas palabras desprendíase unha actitude crítica con relación ao proxecto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!