determinar
Conxugar
Audio 1

determinar /verbos/determinar.html verbo transitivo1 Establecer os termos ou os límites de [algo]. Determinar o obxecto de estudo dunha ciencia. SINÓNIMOS delimitar, precisar2 Establecer de forma precisa. Determinar o prezo dunha mercadoría. Determinar a data dun exame. SINÓNIMOS fixar, marcar3 Indicar con precisión [certa cousa] a partir dunha medición, cálculo, investigación ou razoamento. Determinar a composición dun preparado químico. Determinar a distancia que hai entre a Terra e unha estrela.4 Ser a causa directa de [unha cousa]. A escaseza de traballo determinou que moitas familias tivesen que emigrar. SINÓNIMOS motivar, ocasionar5 Inducir a actuar do modo que se expresa. Os progresos obtidos determinárono a seguir.6 Indicar con precisión unha autoridade, lei ou orde [que se ten que facer ou como se ten que facer certa cousa]. Están á espera do que determine o xuíz. SINÓNIMOS dispoñer, dispor, prescribir CONFRÓNTESE decidir7 Gramática Precisar o significado de [un sintagma nominal]. O artigo determina o substantivo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]