dirección
Audio 1

dirección substantivo feminino1 Acción e efecto de dirixir. Encargárono da dirección dunha sucursal do banco. CONFRÓNTESE administración, xerencia, xestión2 Camiño ou liña que describe un corpo en movemento. O porteiro adiviñou a dirección do balón e parou o penalti. SINÓNIMOS curso, rumbo, traxectoria CONFRÓNTESE sentido3 Cargo e oficina do director. A dirección do diario ocúpaa un periodista de moito prestixio.4 Conxunto de individuos con poderes executivos, que están ao mando dunha empresa ou organización. Está á fronte da dirección do club. SINÓNIMO directiva Foi elixido para un importante cargo na dirección do seu partido.5 Mecanismo que permite guiar un automóbil. Avarióuselle a dirección do coche. CONFRÓNTESE control FRASES E EXPRESIÓNS CON dirección Dirección asistida Sistema mediante o cal se reduce a forza que ten que exercer o condutor sobre o volante para que o vehículo xire. O coche de seu pai non tiña dirección asistida. Dirección xeral Departamento en que se divide un ministerio ou consellaría. Presentou a documentación na Dirección Xeral de Urbanismo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!