dirixir
Conxugar
Audio 1

dirixir /verbos/dirixir.html verbo transitivo1 Guiar a marcha de [alguén ou algo] cara a un lugar determinado. Dirixiron os tanques cara ao centro da capital. SINÓNIMOS conducir, enfilar Dirixían o foguete por control remoto. SINÓNIMO orientar2 Guiar [alguén] cara a un fin determinado. Dirixiuno na súa vida profesional. SINÓNIMOS asesorar, conducir, encamiñar, encarreirar, orientar Non me gusta que me dirixan desa maneira. SINÓNIMO conducir3 por extensión Enviar [unha carta, paquete etc.]. Dirixiulle varias cartas.4 por extensión Emitir [unha mirada, palabras] expresamente para alguén. Dirixiunos un aceno de benvida. Non me dirixe a palabra.5 Exercer a autoridade e o poder de organización sobre [alguén ou algo]. Dirixe os traballos de construción da ponte. Dirixe un equipo de avogados. CONFRÓNTESE tutelar1 verbo pronominal6 Ir nunha determinada dirección, cara a un lugar determinado. Á noitiña dirixíronse cada un á súa casa. CONFRÓNTESE enfilar7 Ter un fin determinado. Os seus esforzos dirixíanse a uns obxectivos claros. SINÓNIMOS encamiñarse, encarreirarse8 Falar expresamente para alguén. Dirixiuse aos seus colaboradores con palabras de agradecemento.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!