disparar
Conxugar
Audio 1

disparar /verbos/disparar.html verbo transitivo1 Facer que [unha arma] despida o seu proxectil. Disparar unha escopeta. SINÓNIMO tirar2 Lanzar [un proxectil] mediante unha arma. Os guerreiros disparaban frechas. Tamén absoluto Sacou a pistola pero non chegou a disparar.3 Accionar o disparador de [un mecanismo, especialmente unha cámara fotográfica]. Disparou a cámara antes de que estivésemos todos preparados. Tamén absoluto Dispara dunha vez, que canso de estar nesta posición.4 figurado Facer que [algo] aumente desmesuradamente e con rapidez. A subida dos prezos disparou a inflación. verbo intransitivo5 Lanzar unha cousa con forza, principalmente unha pelota. O dianteiro disparou a gol. SINÓNIMO xutar6 coloquial [Persoa] lanzar preguntas bruscas e rápidas a outra persoa. Os periodistas dispararon sen piedade sobre o alcalde. verbo pronominal7 [Arma] despedir o seu proxectil, sen que fose posto en funcionamento o mecanismo correspondente de maneira intencionada. Caeu ao chan e disparóuselle a pistola.8 [Mecanismo] poñerse en marcha sen ser de maneira intencionada. Se hai pouca luz, o flash dispárase automaticamente.9 figurado [Cantidade] aumentar moi rápido. Por aqueles anos disparouse o número de parados.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!