dominio
Audio 1

dominio substantivo masculino1 Acción de dominar. Rebeláronse contra o dominio dos señores feudais. O cacique exercía un dominio ilexítimo na vila e arredores. SINÓNIMOS autoridade, dominación, poder2 CONFRÓNTESE control2 Capacidade para dominar. Exerce un dominio claro sobre os amigos. SINÓNIMO influencia A empresa tardou pouco tempo en facerse co dominio do sector. SINÓNIMO control3 Dereito Facultade para dispoñer dunha cousa. Dominio directo.4 Territorio sometido ao poder dun estado ou dunha persoa. OBSERVACIÓNS: Úsase máis en plural Posúe vastos dominios nesa zona. CONFRÓNTESE terras5 figurado Todo aquilo que comprende unha actividade, arte, ciencia etc. O dominio da química, da psicoloxía. SINÓNIMOS ámbito, área, campo, eido, terreo6 Coñecemento profundo dunha cousa ou grande habilidade para manexar unha cousa. Dominio do inglés. Dominio do volante.7 Informática Rede de identificación na que se agrupan webs ou outros recursos en liña organizados por tipo de entidade, adscrición territorial, ámbito de actividade ou identidade cultural, así como a extensión que se lle pon aos nomes dos enderezos desta rede. Dominios de primeiro nivel.8 Informática Nome que se lle dá a cada unha destas redes de Internet. O dominio galego é o .gal. FRASES E EXPRESIÓNS CON dominio Ser (algo) do dominio público Ser coñecido por todo o mundo. A súa vida pasou a ser do dominio público desde que se fixo famoso.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!