duro, dura
Audio 1
Audio 2
Audio 3

duro (feminino: dura) adxectivo1 Que é difícil de cortar, romper ou raiar, que resiste a presión sen deformarse. O ferro é un material duro e maleable. A madeira de buxo é moi dura. O diamante é a substancia máis dura da natureza. Os santiaguiños teñen o cacho moi duro. ANTÓNIMOS brando, mol12 Que non ten a moleza, flexibilidade ou brandura necesarias. Dorme nun colchón duro. A carne estaba un pouco dura. ANTÓNIMOS brando, mol13 Que opón resistencia a un esforzo, a unha acción, falto de suavidade no seu funcionamento. O coche ten as marchas moi duras. A billa vai moi dura e non podo abrirlle á auga. SINÓNIMO recio4 Que esixe moito esforzo físico ou mental. A subida á montaña foi moi dura. O bacharelato foi moi duro para el.5 Difícil de soportar, que causa sufrimento físico ou moral. Un inverno moi duro. SINÓNIMOS cru1, recio, rigoroso ANTÓNIMO benigno Os tempos da posguerra foron moi duros. Foron momentos moi duros, non os quero recordar. Foi un castigo demasiado duro.6 Que amosa falta de sensibilidade, indulxencia ou humanidade nos seus actos ou decisións. Xulgou o caso un xuíz moi duro. Foi un patrón moi duro. SINÓNIMOS estrito, rigoroso, ríxido, severo ANTÓNIMOS benevolente, benévolo, benigno, brando, indulxente7 Que expresa falta de sensibilidade, indulxencia ou humanidade. Os universitarios leron un duro comunicado ante os medios de comunicación. Dirixiuse nun ton duro aos asistentes á reunión. Recibiu críticas moi duras.8 Que soporta moito traballo, esforzo, penalidades etc., sen dar mostras de debilidade. É duro coma un buxo, traballa día e noite. Viviu aquela dramática situación sen apoio de ninguén, é un home moi duro. ANTÓNIMO brando9 Que resiste o uso ou paso do tempo en bo estado ou sen deteriorarse. Cando o mercamos pareceunos un coche caro, pero saíunos moi duro.10 Que pola súa natureza, contido etc., pode resultar desagradable ou violento. A película contén imaxes moi duras.11 Que se manifesta inflexible nas súas ideas ou conviccións. O sector máis duro do partido non acepta un cambio de postura con relación a ese tema. adverbio12 Con intensidade, con esforzo. Traballou moi duro para conseguir unha situación estable para el e a familia.13 Con forza, con violencia. Pegoulle duro. FRASES E EXPRESIÓNS CON duro Auga dura VÉXASE auga Duro de cabeza locución adxectiva Que lle custa entender as cousas. Haberá que llo repetir outra vez, que é duro de cabeza. Duro de oído locución adxectiva Que non oe ben. Fálalle máis alto que é algo duro de oído. Duro de roer locución adxectiva Difícil de superar, soportar, convencer etc. Se queres, fala con el, pero advírtoche que é duro de roer. Un exercicio duro de roer. Folla dura VÉXASE folla

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!