editor, editora
Audio 1
Audio 2

editor (feminino: editora) adxectivo1 Que edita. É un grupo editor de gran prestixio. A empresa editora do xornal. substantivo2 Persoa que con criterios filolóxicos e con fins de depuración crítica publica obras de importancia para a historia da cultura. O editor foi especialmente coidadoso coas notas do aparato crítico.3 Persoa responsable dunha editorial, unha empresa periodística ou de comunicación, radio e televisión. Conversa íntima con Lara, na que o editor andaluz, creador do premio Planeta, lembra anécdotas da súa infancia.4 Persoa que se encarga da preparación, organización e revisión dos orixinais dunha obra colectiva para a súa publicación. A editora escolmou a obra de varios autores novos para elaborar unha antoloxía de poesía galega actual.5 Coordinador dun informativo e encargado dos contidos, que depende do director do programa e ten a responsabilidade sobre os redactores xefes. O editor incorporou unha noticia de última hora para abrir o telexornal.6 Técnico especialista encargado de organizar o material previamente recollido para obter un programa que poida ser emitido. A editora estaba rematando a montaxe do vídeo para emitir no informativo.7 Informática Programa informático que permite abrir e modificar arquivos, editar textos e gráficos. Para traballar co novo editor de imaxes deberías ter un ordenador con máis memoria.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!