efecto
Audio 1

efecto substantivo masculino1 Cousa causada ou producida por outra. Os efectos do alcohol. SINÓNIMO consecuencia2 Situación á que se chega por medio dunha acción. A borracheira é o efecto de tomar demasiado alcohol. SINÓNIMOS consecuencia, resultado As medicinas que tomou fixeron o efecto esperado. CONFRÓNTESE consecuencia, influencia, influxo, repercusión3 Acción exercida no ánimo por certa cousa, que pode cualificarse de certa maneira. O que lle dixen non lle fixo efecto ningún. Iso que fas é de moi mal efecto. CONFRÓNTESE impresión, sensación4 Calquera cambio producido na natureza, nun corpo etc., por accións físicas ou químicas, considerado cientificamente. O efecto Foehn.5 Impresión sonora ou visual distinta do fenómeno real. Un efecto óptico.6 Deporte Traxectoria desviada que segue un balón, pelota etc., ao golpealo. Lanzou unha bóla que levaba bastante efecto. substantivo masculino plural7 Conxunto de obxectos de certo valor, que unha persoa ten gardados ou leva consigo. Atoparon unha axenda entre os seus efectos persoais. FRASES E EXPRESIÓNS CON efecto Efecto bolboreta Concepto da teoría do caos que se refire aos efectos que pode ter calquera mínima variación nas condicións iniciais nun sistema caótico. O efecto bolboreta é unha das características de comportamento dun sistema caótico. Efectos especiais Trucos ou técnicas utilizadas no cine ou no teatro para producir imaxes ou sons. A película impresionaba polos seus efectos especiais. Efecto invernadoiro Fenómeno natural fundamental para a vida na Terra, que intervén nos intercambios enerxéticos entre o espazo, a atmosfera e a superficie terrestre, polo cal, baixo a acción dos raios solares, o terreo quece e á súa vez emite raios infravermellos, que son capturados por certos gases que fan aumentar a temperatura do planeta. O quecemento global prodúcese polo aumento dos gases de efecto invernadoiro. Efectos secundarios Os producidos despois ou ademais, ou que son consecuencia normal. Os efectos secundarios dos medicamentos. CONFRÓNTESE secuela En efecto locución adverbial De certo, verdadeiramente. En efecto, tiñas razón. SINÓNIMO efectivamente Para os efectos de Coa finalidade de. Baixaron os prezos para os efectos de mellorar os investimentos. Para todos os efectos Para todos os fins. Ese documento é válido para todos os efectos. Sen efecto Sen validez. O novo código deixa sen efecto o anterior.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!