encher
Conxugar
Audio 1

encher /verbos/encher.html verbo transitivo1 Ocupar o espazo baleiro de [unha cousa]. Enche as caixas de libros. Enche a botella. ANTÓNIMOS baldeirar, baleirar, librar Enche as tripas de zorza para facer os chourizos. SINÓNIMO embuchar CONFRÓNTESE atacar12 Ocupar unha gran parte de [algo]. Encheulle o pantalón de remendos. Non enchades o patín de terra. A xente enchía as rúas.3 figurado Ocupar unha emoción o ánimo de [alguén]. Encheuna a ledicia de sentirse querida.4 figurado Espallarse un olor, un son etc. [por un lugar]. Un recendo a rosas enchía a sala. O val encheuse do son das badaladas.5 figurado Proporcionar en abundancia. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de Encheuno de bicos. SINÓNIMO cubrir6 figurado Satisfacer por completo. Os fillos enchían a súa vida.7 Completar [os espazos en branco] dun impreso ou escrito. Enche as casas baleiras cun 1, un 2 ou un X.8 Pór nos espazos baldeiros de [un escrito ou impreso] aquilo que corresponda. Enchemos a ficha cos nosos datos. SINÓNIMO cubrir9 Facer perder a paciencia a [alguén]. Tanto o encheu que lle deu unha mala contestación. SINÓNIMO fartar verbo pronominal10 [Cousa] quedar total ou parcialmente chea de algo. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de O burato encheuse de auga. ANTÓNIMOS baldeirarse, baleirarse11 [Lugar, espazo] conter gran cantidade. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de Ao outro día o lugar encheuse de curiosos.12 Comer ou beber en demasía. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de Enchémonos de viño ata non poder máis. SINÓNIMO atacar1 Onde nos enchemos foi na tasca do porto. SINÓNIMOS fartarse, saciarse13 figurado Perder a paciencia. Xa me enchín! SINÓNIMO fartarse14 figurado Insistir en algo ata o cansazo. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse seguido da preposición de Enchinme de berrar e non me oíron. SINÓNIMOS cansarse, fartarse verbo intransitivo15 [Río, mar] aumentar de nivel. Cando enche, entran na ría os sargos e as robalizas. ANTÓNIMO devalar16 [Lúa] pasar do novilunio ao plenilunio. Xa encheu a Lúa. SINÓNIMO arregoar ANTÓNIMOS devalar, minguar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!