encontrar
Conxugar
Audio 1

encontrar /verbos/encontrar.html verbo transitivo1 Chegar a ver, descubrir [unha persoa ou cousa que se buscaba ou non]. Xa encontrei o libro que necesitaba. SINÓNIMOS achar, atopar, localizar, topar Encontrei unha carteira na rúa. SINÓNIMOS achar, atopar, topar ANTÓNIMO perder Non encontro piso. SINÓNIMOS achar, atopar, topar2 Chegar a ter, dispoñer de [algo]. Encontrar o tempo para facer algo. Se encontras o momento fala con el. SINÓNIMO atopar3 Ver que [algo ou alguén] está dunha determinada maneira. Encontramos as tendas pechadas. SINÓNIMO atopar4 Ter unha determinada impresión ou opinión sobre [algo ou alguén]. Non encontro ese rapaz nada guapo. Encóntroche mala cara. verbo pronominal5 Ver de pronto, sen esperalo algo ou alguén. Encontreime cun rapaz polo camiño. Encóntrome con teu irmán todos os días. SINÓNIMO atopar(se)6 [Persoas] xuntarse nun lugar. Mañá encontrámonos na porta do cine. SINÓNIMOS atoparse, verse7 Estar presente de certa maneira ou en certo lugar. Os periodistas encontrábanse no lugar do atentado. Sen darse de conta, encontrouse sen cartos. Se te encontras mal vaite para a casa. SINÓNIMOS acharse, atoparse8 [Persoas] non estar de acordo, ter opinións enfrontadas. Non se levan ben, sempre se encontran. SINÓNIMOS chocar2, tropezar9 Sentirse a gusto. OBSERVACIÓNS: Úsase normalmente en frases negativas Teño que sentarme nunha cadeira baixa, se non ao levantarme non me encontro. Non se encontra fóra do seu medio habitual.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!