enredar
Conxugar
Audio 1

enredar /verbos/enredar.html verbo transitivo1 Envolver [unha ou varias cousas] de maneira desordenada, formando un enredo ou lea difícil de desfacer. Non enredes o fío. SINÓNIMOS embeleñar, embrollar, encerellar, enguedellar, enlear, enmarañar, ensarillar, intricar, lear ANTÓNIMOS desembeleñar, desencerellar, desenguedellar, desenlear, desenmarañar, desenredar, desensarillar, desintricar2 figurado Mesturar de xeito confuso ou facer máis complexo [cousas, ideas etc.]. Cada vez que actuaba enredaba máis a situación. SINÓNIMOS complicar, embeleñar, embrollar, encerellar, enguedellar, enlear, enmarañar, ensarillar, intricar, lear ANTÓNIMOS desembeleñar, desencerellar, desenguedellar, desenlear, desenmarañar, desenredar, desensarillar, desintricar3 figurado Meter [alguén] nunha cousa que pode traer problemas e da que é difícil saír. Enredouno no conflito. SINÓNIMOS encerellar, enguedellar, enlear, enmarañar, lear verbo intransitivo4 Perder o tempo. Non enredes moito polo camiño. SINÓNIMOS distraerse, entreterse5 Dedicar o tempo a realizar algo sen saber como se fai ou por se entreter. Deixa de enredar coa máquina e atende ao teu. SINÓNIMO fedellar6 Facer cousas que serven de diversión e entretemento. Os nenos están enredando no patio. SINÓNIMOS brincar, rebeirar, rebrincar, rebuldar, trebellar, xogar verbo pronominal7 [Unha ou varias cousas] envolverse de maneira desordenada, formando un enredo ou lea difícil de desfacer. Enredouse a liña do palangre. SINÓNIMOS embeleñarse, embrollarse, encerellarse, enguedellarse, enlearse, enmarañarse, ensarillarse, intricarse, learse ANTÓNIMOS desembeleñarse, desencerellarse, desenguedellarse, desenlearse, desenmarañarse, desenredarse, desensarillarse8 [Cousas, ideas etc.] mesturarse de xeito confuso, facerse máis complexo. O asunto foise enredando e acabou por involucrarnos a todos. SINÓNIMOS anobelarse, complicarse, embeleñarse, embrollarse, encerellarse, enguedellarse, enlearse, enmarañarse, ensarillarse, intricarse, learse ANTÓNIMOS desembeleñarse, desencerellarse, desenguedellarse, desenlearse, desenmarañarse, desenredarse, desensarillarse9 [Alguén] meterse nunha cousa que pode traer problemas e da que é difícil saír. Enredouse nun negocio. SINÓNIMOS enguedellarse, encerellarse, enlearse, enmarañarse, learse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!