enriba
Audio 1

enriba adverbio1 Nun lugar superior, desde o punto de vista do falante. Está alá enriba, no faiado. SINÓNIMO arriba ANTÓNIMOS abaixo, embaixo2 Nun lugar superior en relación a outro, tanto se hai contacto coma se non. Para mover a mesa houbo que quitar todas as cousas que había enriba. SINÓNIMOS derriba1, encima2 ANTÓNIMO debaixo Colgaron a foto na parede, enriba da mesa. SINÓNIMOS encima de, enriba de, riba de, ANTÓNIMO debaixo de3 Ademais, sobre outra cousa. Non me pagou o que me debía e enriba pedíame máis cartos. SINÓNIMO por riba FRASES E EXPRESIÓNS CON enriba Andar ou estar enriba de (algo ou de alguén) Vixialo con moita atención, atendelo con moito coidado. Sempre hai que andar ( ou estar) enriba del porque senón non fai nada. Botarse (algo) enriba de (alguén) Sobrevir ou ocorrer de maneira súbita, antes do que se esperaba. No medio do camiño botóusenos a noite enriba. Enriba de locución preposicional Enriba (acepción 2). Puxo os pratos enriba da mesa. Por enriba Realizar unha acción de maneira superficial, sen deterse no asunto. Hai certas cousas importantes que non se poden tratar por enriba. SINÓNIMO por riba Por enriba de Por riba de. Por enriba de saír caro, aínda era de mala calidade. Por enriba de todo Sobre calquera outra cousa. Ti, por enriba de todo, debes facer o que creas mellor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!