entrar
Conxugar
Audio 1

entrar /verbos/entrar.html verbo intransitivo1 Pasar de fóra a dentro, ao interior dun lugar. Dígoche que non entra, que é demasiado grande. SINÓNIMOS caber, coller Entrou na casa pola ventá. Entraron costumes novos no país. ANTÓNIMO saír2 [Período de tempo] estar no seu inicio. Este ano o outono entrou cedo. O mes entra con chuvia.3 [Alguén] estar no principio dun período temporal. Está entrando na puberdade. Xa entramos no inverno.4 Pasar a formar parte dun grupo ou institución. Quería entrar na banda. Entrou no exército. ANTÓNIMO saír5 Formar parte da composición dunha cousa. Entran poucas mazás en medio quilo. CONFRÓNTESE caber, coller Na fórmula deste produto entran algúns compoñentes tóxicos.6 Tomar parte en algo. Tiña malas cartas e non entrou no xogo.7 figurado [Sensación] comezar a manifestarse. Estame entrando a fame. Entroulle algo de medo ao verse só.8 figurado Comezar a estar nun certo estado ou situación. O paciente entrou en coma. ANTÓNIMO saír9 figurado Ser asimilado pola mente. Por máis que llo explico, non lle entra. FRASES E EXPRESIÓNS CON entrar Non entrar nin saír (nunha cousa) Non opinar sobre ela, non tomar parte. Nese asunto non entra nin sae.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!