espazo
Audio 1

espazo substantivo masculino1 Medio ilimitado, con tres dimensións, onde se sitúan todos os corpos, no cal estes poden cambiar de posición. Trazar unha liña no espazo. Desprazamentos no espazo.2 Superficie limitada na que se pode situar algunha cousa. Nesta casa hai falta de espazo. Na folla non me queda espazo para escribir.3 Superficie de terreo que se caracteriza por uns trazos determinados. Espazos verdes son aqueles que teñen moitas árbores e plantas.4 Extensión, máis alá da atmosfera terrestre, onde están os astros. Lanzar un novo satélite ao espazo. A conquista do espazo. SINÓNIMO espazo exterior5 O aire que nos rodea. Un paxaro cruzou o espazo.6 Distancia que separa dous puntos ou dous obxectos. Deixa máis espazo entre liña e liña.7 Cantidade limitada de tempo. No espazo de tres horas ninguén se moveu do seu sitio.8 Emisión televisiva de duración determinada. A audiencia do espazo aumentou desde que cambiaron a hora de emisión. FRASES E EXPRESIÓNS CON espazo Espazo exterior Espazo (acepción 4). A nave tripulada por catro astronautas foi enviada ao espazo exterior. Por espazo de Durante un período de tempo que se expresa. Andaron por espazo de dúas horas. Falou por espazo de quince minutos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!