espiña
Audio 1

espiña substantivo feminino1 Puga dura e aguda que nace no talo ou pólas dalgunhas plantas. Picouse coas espiñas dos toxos. SINÓNIMOS espiño, pico2 Cada unha das partes óseas que forman o esqueleto do peixe e o conxunto desas partes. Atragoeime cunha espiña da faneca. Ás sardiñas quítaselles a espiña para curalas.3 Conxunto das vértebras dispostas en fila e articuladas entre si, que forma o eixe do esqueleto dos animais vertebrados. Está mal da espiña. SINÓNIMOS aranguelo, arelo, carrelo2, carriñouzo, cernizo, cerrizo, columna, columna vertebral, espiña dorsal, espiñazo, fío do lombo, lombelo, raque4 Gran de graxa que se forma na pel, sobre todo na cara e nas costas. Unha crema para combater as espiñas.5 figurado Cousa que produce unha gran mágoa moral. Ten unha espiña cravada no corazón. FRASES E EXPRESIÓNS CON espiña Espiña bífida Malformación conxénita producida pola soldadura incompleta do arco vertebral posterior. Na ecografía descubriron que o feto tiña espiña bífida. Espiña brava Gran que se forma na pel. Esa espiña brava váiseche infectar. SINÓNIMO espiña carnal Espiña carnal Espiña brava. Botoulle alcohol á espiña carnal que ten na meixela. Espiña carnazaHerpes Déronlle unha pomada na farmacia para a espiña carnaza. Espiña dorsal Espiña (acepción 3). Tiña desgaste en varias vertebras da espiña dorsal.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!