estragar
Conxugar
Audio 1

estragar /verbos/estragar.html verbo transitivo1 Deixar [unha cousa] en mal estado ou inservible de maneira fortuíta, ao facer mal uso dela, ao non aproveitala ben etc. Estragou o fouciño ao rozar no valado. SINÓNIMOS apedrar, derramar Se lles dás patadas ás pedras estragas os zapatos. SINÓNIMOS derramar, escarallar, esmendrellar Estragou a saúde co tabaco e o alcohol. SINÓNIMOS botar a perder, derramar, desgraciar A xeada estragou os tomates. SINÓNIMOS arruinar, botar a perder, damnificar, danar, derramar, toller CONFRÓNTESE amerar, aneboar, merar2 Cambiar para peor [algo ou alguén]. A noticia estragoulles a festa. Con tantos mecos estragas o rapaz. SINÓNIMO desgraciar3 Non tirar de [unha cousa] todo o proveito que pode dar. Non estragues tanto papel. SINÓNIMO desperdiciar ANTÓNIMO aproveitar4 Facer mal uso de [algo]. Gañou bastantes cartos pero estragounos enseguida. verbo pronominal5 [Cousa] quedar en mal estado ou inservible. Estragóuselle a radio. SINÓNIMOS derramarse, descompoñerse, descomporse, CONFRÓNTESE avariarse Estragóuseme a pintura. Estragarse unha comida. SINÓNIMO derramarse CONFRÓNTESE perderse Estragáronseme as tesoiras. SINÓNIMO derramarse6 [Algo, alguén] cambiar para peor. Coa chuvia estragouse o día. SINÓNIMO desgraciarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!