extensión
Audio 1

extensión substantivo feminino1 Acción e efecto de estender ou estenderse. A extensión dunha noticia. SINÓNIMOS difusión, expansión, propagación CONFRÓNTESE transcendencia O Concello proxecta a extensión das liñas telefónicas a todos os lugares do municipio. Extensión e flexión dos brazos.2 Espazo que pode ocupar algunha cousa. Grandes extensións de terra. A extensión das cartas non poderá exceder as trinta liñas.3 Tempo que dura unha cousa. A extensión da conferencia fixo que a xente se aburrise.4 Liña telefónica conectada a unha central. A chamada viña da extensión do despacho do presidente.5 Informática Cadea de caracteres que a xeito de sufixo pode levar o nome dun arquivo, habitualmente precedida por un punto, para indicar o seu contido ou utilidade. Hai determinadas imaxes dixitais que levan a extensión .png.6 Medicina e Bioloxía Mostra de material orgánico preparada en forma líquida ou semilíquida e estendida sobre un portaobxectos para o seu estudo microscópico. Analizaron a extensión sanguínea para comprobar a hemoglobina. SINÓNIMO frotis FRASES E EXPRESIÓNS CON extensión Por extensión Aplícase ao significado dunha palabra ou expresión que non é o propio pero que garda con el certa relación. A palabra ‘folla’ designa, por extensión, unha lámina de papel.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!