fóra
Audio 1

fóra adverbio1 No exterior, en relación a un obxecto ou a un espazo. Deixa os zapatos fóra. Esperade fóra. ANTÓNIMO dentro preposición2 Indica exclusión, en canto á participación na acción expresada polo verbo. Fóra teu irmán viñeron todos. SINÓNIMOS a excepción de, aga, agás, bardante, catar1, con excepción de, excepto, menos, quitado, quitando, sacado, sacando, salvante, salvo, tirante interxección3 Úsase para expulsar alguén dun sitio ou, repetíndoa varias veces, para manifestar o desacordo con algunha actuación. Vaite de aquí, fóra! O árbitro tivo que saír do campo aos berros de fóra!, fóra! FRASES E EXPRESIÓNS CON fóra Casa de fóra VÉXASE casa Fóra de locución preposicional 1 Indica localización espacial no exterior de algo real ou imaxinario. Xogamos fóra do patio. ANTÓNIMO dentro de Iso está fóra das súas intencións. 2 A excepción de. Fóra dos avós, toda a familia veu á voda. 3 A non ser que suceda algo que se expresa. Fóra dunha desgraza vainos todo ben.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí