fala
Audio 1

fala substantivo feminino1 Facultade de falar. Quedou sen fala. SINÓNIMO palabra2 popular Lingua natural propia dunha comunidade humana. O galego é a nosa fala. SINÓNIMOS idioma, lingua3 Lingüística Variedade dunha lingua asociada a unha área xeográfica ou a un grupo social. Gustáballe imitar a fala dos nenos. SINÓNIMO linguaxe As falas occidentais do galego teñen trazos propios. CONFRÓNTESE dialecto4 Maneira peculiar de falar dunha persoa concreta. Coñecino pola fala. CONFRÓNTESE acento FRASES E EXPRESIÓNS CON fala Andar nas falas Ser criticado polos demais. Leva unha vida discreta e non anda nas falas. SINÓNIMOS andar na boca da xente, andar na boca do mundo Non dar unha fala Non falar, non dicir nada. Desde que chegou non deu unha fala. SINÓNIMOS non dar palabra, non dicir palabra Non ter unha fala máis alta ca outra Ter un carácter afable, non enfadarse. Vive aquí desde hai moitos anos e nunca tivo unha fala máis alta ca outra con ninguén da casa. Ser de poucas falas Ser pouco falador. É de poucas falas, saúdate e pouco máis. SINÓNIMO ser de poucas palabras

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!