falar
Conxugar
Audio 1

falar1 /verbos/falar.html verbo intransitivo1 Pronunciar palabras, expresando mediante elas o pensamento. Fala pouco, pero ben. O mestre falou sobre literatura medieval.2 por extensión [Persoa, certos animais] comunicarse mediante certos procedementos distintos á palabra. Fala por acenos. Aprendeulle a falar ao papagaio.3 Manter un diálogo, unha conversa. Estivemos falando varias horas. SINÓNIMOS conversar, dialogar CONFRÓNTESE latricar4 Dirixir a palabra a alguén. O rei faloulles aos seus súbditos.5 Dirixir certas voces, berros, acenos etc., a un animal de tiro para que se mova. Fálalles aos bois para que tiren do carro. SINÓNIMOS afalar, tanguer, tanxer CONFRÓNTESE aguillar, aguilloar6 coloquial Ter unha relación amorosa con outra persoa. Falou dous ou tres anos cunha moza de Vilanova. SINÓNIMOS andar, saír7 figurado Murmurar ou comentar. Cando a xente fala, é que algo hai de certo. verbo transitivo8 Coñecer [un idioma] o suficiente como para utilizalo. Fala portugués.9 Comentar [un asunto] con alguén. Fálollo eu ao xefe a ver que di. verbo pronominal10 Ter relación, trato, con alguén. Non se fala cos veciños. SINÓNIMO relacionarse11 Ter unha relación amorosa con outra persoa. Fálanse ás agachadas. FRASES E EXPRESIÓNS CON falar Dar que falar VÉXASE dar Falar claro Falar con franqueza, dicir as cousas claras. Falou claro coa filla, díxolle todo o que pasara. SINÓNIMOS non ter a lingua trabada, non ter lixos na lingua, non ter papas na boca, non ter pelos na lingua Falar (en) alto Falar en voz alta. Fala (en) alto, que non te oio. Falar (en) baixo Falar en voz baixa. Fala baixo que nos oen os veciños. Falar en banda Falar por falar. Pénsao un pouco porque iso que dixeches é como falar en banda. Falar entre dentes VÉXASE dente Falar mal de (alguén)Criticar Atende á súa vida e non fala mal de ninguén. Falar os sete falares VÉXASE falar2 Falar polas orellas VÉXASE orella Falar polos cóbados VÉXASE cóbado Falar por falar Dicir cousas sen fundamento, que non veñen ao caso, ou polo simple feito de dicir algo. Iso non é máis que falar por falar, era mellor que non dixeras nada. SINÓNIMO falar en banda Nin falar Non mencionar algo, non tomalo en consideración. Que te deixe ir? Iso nin falalo. Non facer falar Obrigar a alguén a dicir algo que non quere. Estou moi enfadada, non me fagas falar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí