falla
Audio 1

falla1 substantivo feminino1 Feito de non estar algo ou alguén no lugar onde lle corresponde. Ninguén notou a falla de libros na biblioteca. SINÓNIMO falta2 Circunstancia de non haber ou non ter algo que se necesita. A falla de hospitais na comarca causa graves trastornos á poboación. SINÓNIMOS carencia, falta CONFRÓNTESE ausencia, inexistencia A falla de costume impídelle facer ben o traballo. SINÓNIMO falta3 O que quita perfección a algo. Unha táboa con moitas fallas. SINÓNIMOS fallo, falta Unha persoa sen a primeira falla. SINÓNIMOS defecto, falta, imperfección, mancha, tacha4 Xeoloxía Fractura da codia terrestre a causa de movementos internos da Terra. O terremoto deu orixe a varias fallas. FRASES E EXPRESIÓNS CON falla Á falla de Á falta de. Á falla de pan comemos patacas cocidas. Botar en falla Botar en falta. Nin nos botaron en falla, non se decataron de que marcharamos. Facer falla Facer falta. Fai falla máis masa para acabar de poñer os ladrillos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!