faltar
Conxugar
Audio 1

faltar /verbos/faltar.html verbo intransitivo1 [Persoa ou cousa] non estar no lugar en que debera estar. Faltan varios libros da biblioteca. Falta do seu domicilio desde fai un mes.2 [Algo] non haber ou non ter, ou ter menos do necesario. Fáltame o valor necesario para facelo. O que falta é sentido común. SINÓNIMO fallar ANTÓNIMO sobrar3 [Tempo, espazo, asunto] quedar para algo. Faltan tres quilómetros para a meta. Faltan dez minutos para comezar a sesión. Fáltanlle uns exames por corrixir e xa acaba. SINÓNIMOS quedar, restar4 [Persoa] non ir a un lugar onde se tiña que ir. Faltou á clase tres días seguidos. Faltar ao traballo. ANTÓNIMO asistir5 [Persoa] dicir ou facer algo que ofende. Faltoulle de palabra. Faltoulle ao respecto.6 [Persoa] incumprir certa cousa. Faltou á palabra dada. Faltou ao que prometera. FRASES E EXPRESIÓNS CON faltar Faltaría máis 1 Dito con ironía, indica que algo non é aceptado por non consideralo razoable. Que che deixe trinta euros! Si home, faltaría máis. SINÓNIMO non faltaba máis 2 Dito sen ironía, indica que se acepta algo por consideralo razoable. Faltaría máis, home, xa sabes que non tes máis que pedir. SINÓNIMO non faltaba máis Faltarlle (a alguén) unha cocedura VÉXASE cocedura Faltarlle (a alguén) unha fervura VÉXASE fervura Non faltaba máis Faltaría máis. Non faltaba máis, vou esperar por ti toda a tarde! Era normal que lle axudara, non faltaba máis. O que faltaba 1 Úsase para indicar que algo non é aceptado por non consideralo razoable. O que me faltaba, aínda por riba ter que invitalo eu! 2 Indica que certa cousa ocorre, chega etc., nun momento pouco oportuno ou que se xunta con outras circunstancias adversas para dar un resultado pésimo. Agora ponse a chover, era o que nos faltaba!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!