fe
Audio 1

fe substantivo feminino1 Catolicismo Virtude teologal que consiste en crer como verdade indubidable o que ensina a Igrexa. A fe é a proba do que non se ve.2 Relixión Crenza en que Deus existe. A fe relixiosa.3 Crenza absoluta en algo ou en alguén. Perdeu a fe. Teño moita fe en ti, fagas o que fagas.4 Confianza e apego que se ten a unha persoa ou cousa. A teu pai téñolle moita fe. FRASES E EXPRESIÓNS CON fe A fe locución adverbial De verdade, de certo. Non insistas, a fe que non quero nada. SINÓNIMO abofé Artigo de fe VÉXASE artigo Auto de fe VÉXASE auto2 Boa fe Boa intención. Fíxoo a boa fe. Dar fe 1 Dereito Exercitar unha persoa autorizada a fe pública. Os secretarios de xulgados dan fe dos actos públicos. 2 Asegurar como certo. Dou fe de que dixo a verdade. Fe de bautismo Documento que certifica o bautismo dunha persoa. Necesitaba unha fe de bautismo para casar. Fe de erratas Listaxe dos erros atopados nun libro, que se inclúen no mesmo xunto coa indicación da corrección necesaria. A fe de erratas unhas veces está ao final e outras ao principio dunha obra. Fe de vida Certificación expedida por un funcionario que confirma que unha persoa está viva. Todos os anos ten que presentar na Administración unha fe de vida para poder cobrar a pensión. Fe pública Dereito Autoridade lexítima que se atribúe a notarios, escribáns, secretarios de xulgados etc., para que os documentos que autoricen sexan tidos como auténticos e o contido deles como verdadeiro. O cónsul foi acusado de delito contra a fe pública e falsificación de documentos. Mala fe Mala intención. Aquilo estaba feito a mala fe.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!