fiada
Audio 1

fiada1 substantivo feminino VÉXASE fiado2

fiada
Audio 1

fiada2 substantivo feminino1 Cantidade de liño, la etc. que se produce ao fiar. A fiada era suficiente para preparar a tea.2 Ringleira de ladrillos ou pedras que se van colocando para facer unha parede. A primeira fiada do muro foi a que máis traballo deu.

fiado, fiada
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5

fiado2 (feminino: fiada) participio1 Participio do verbo fiar1. substantivo masculino2 Acción de fiar. Tradicionalmente o fiado facíase con rocas.3 O resultado de fiar, o fío. Exportación de fiados galegos.4 figurado Desenvolvemento de ideas ou elementos que forman un discurso ou algo semellante. Non lle tiven que tirar nada polo fiado, que mo contou ela todo. CONFRÓNTESE fío substantivo feminino5 Reunión que tradicionalmente se facía para fiar e que xeralmente acababa con cantos, bailes e xogos. As fiadas conxugaban traballo e diversión. SINÓNIMOS fía1, fiadeiro, fiandón

fiado, fiada
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5

fiado1 (feminino: fiada) participio1 Participio do verbo fiar2. adxectivo2 Que obra con confianza ou que mostra excesiva confianza e actúa sen tomar as debidas precaucións. Montou no cabalo fiado de que o daría dominado. É tan fiado que non leva máis ca desenganos. SINÓNIMOS aceirudo, confiado ANTÓNIMO desconfiado FRASES E EXPRESIÓNS CON fiado Ao fiado locución adverbial Sen facer o pagamento ou cobramento inmediato daquilo que se merca ou se vende. Nesta tenda non se vende ao fiado. SINÓNIMO a crédito

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!