fillo, filla
Audio 1
Audio 2

fillo (feminino: filla) substantivo1 Calquera persoa ou animal en relación aos seus pais. O fillo máis vello e o máis novo. O meu can é fillo da túa cadela.2 figurado Individuo, con relación á terra onde naceu. Galicia ten fóra moitos dos seus fillos.3 Neno ou persoa nova con quen se ten confianza. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse en ton familiar e cariñoso, ou ben con enfado Grazas filliño! Mira fillo, iso non cho consinto!4 Relixioso, con relación ao fundador da súa orde. Os fillos de san Tomé. substantivo masculino5 Talo novo que sae dunha planta e dalgúns froitos. O repolo botou fillos. Do couce do eucalipto nacen moitos fillos. SINÓNIMOS crecenza, xota16 Relixión A segunda persoa da Santísima Trindade. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese en maiúscula En Deus hai tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo. substantivo masculino plural7 As persoas que descenden doutra. Os fillos de Israel. SINÓNIMO descendente FRASES E EXPRESIÓNS CON fillo Célula filla VÉXASE célula Filla políticaNora1 Miña nai e mais a filla política eran uña e carne. Fillo adoptivo Fillo por adopción. Teñen dúas fillas adoptivas chinesas. Fillo de puta vulgar Persoa desprezable. Quen sería o fillo de puta que nos delatou? Fillo ilexítimo Fillo que se ten fóra do matrimonio. Os fillos ilexítimos teñen os mesmos dereitos ca os demais. SINÓNIMOS bastardo2, fillo natural Fillo natural Fillo ilexítimo. Cando casaron, el xa tiña un fillo natural. Fillo políticoXenro Ten dúas fillas casadas, e polo tanto dous fillos políticos. Fillo pródigo Persoa que volve a un lugar despois de abandonalo. O regreso do fillo pródigo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí