fino, fina
Audio 1
Audio 2

fino (feminino: fina) adxectivo1 De pouco grosor ou espesor. Fino papel de calco. SINÓNIMOS delgado, sutil, tenue, ANTÓNIMOS gordo, groso2 Formado por partículas moi pequenas. Unha praia de area fina. Sal fino. ANTÓNIMOS gordo, groso Unha chuvia fina. CONFRÓNTESE sutil, tenue3 [Malla] de furados pequenos. Unha rede con malla fina. SINÓNIMO fito4 Que é estreito e aguzado. Bolígrafo de punta fina. As bubelas teñen o bico longo e fino. ANTÓNIMO romo5 Sen asperezas. A pel fina da nena. SINÓNIMO suave, ANTÓNIMOS áspero, rugoso6 [Son, voz] agudo, vibrante. Distinguía entre as demais a súa voz fina e cantareira.7 Delicado e de calidade superior. Un bordado fino. CONFRÓNTESE avelaíño8 Moi puro. Prata fina.9 Esvelto e de faccións delicadas. Ten un corpo fino e viste moi ben. CONFRÓNTESE lanzal Rostro fino. SINÓNIMO delicado10 Que revela un gusto esixente. OBSERVACIÓNS: Emprégase moitas veces con ironía Os pais son xente moi fina.11 Que manifesta cortesía e delicadeza no trato. Chámase Fina, pero de fina non ten nada. SINÓNIMOS cortés, refinado, ANTÓNIMOS basto3, groseiro, ordinario12 [Sentido] moi desenvolto, de percepción sutil. Un can de caza debe ter olfacto fino. SINÓNIMOS afiado, agudo13 Que comprende rapidamente e en profundidade, aínda o que está oculto. Éche fino, non se lle escapa nada! SINÓNIMOS agudo, sagaz adverbio14 Con fineza ou finura. Sabía falar fino cando quería. SINÓNIMO finamente

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!