firme
Audio 1

firme adxectivo1 Que non se move ou non pode ser movido da posición en que está. O valado non estaba firme e esborrallouse. SINÓNIMOS fito, seguro CONFRÓNTESE fixo2 Que ten a consistencia ou dureza suficiente para non resultar alterado. Un terreo firme. Un chan firme.3 Que non cambia, non vacila ou non se debilita. Unha amizade firme. SINÓNIMOS forte, sólido CONFRÓNTESE irrompible Andar con paso firme. SINÓNIMO seguro A súa decisión é firme. SINÓNIMO inmutable Mantense firme nas súas crenzas. substantivo masculino4 Capa sólida dun terreo, onde se pode cimentar. Cavaron dous metros ata atopar firme.5 Revestimento que cobre o chan. O firme da autoestrada é poroso. SINÓNIMO pavimento CONFRÓNTESE piso adverbio6 Con forza ou intensidade. Traballaron firme. CONFRÓNTESE firmemente FRASES E EXPRESIÓNS CON firme Man firme VÉXASE man Terra firme VÉXASE terra

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí