fixo, fixa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

fixo (feminino: fixa) participio1 Participio irregular do verbo fixar. adxectivo2 Que non se move, que permanece sempre no mesmo lugar, ou que mantén sempre o mesmo estado, forma etc. O cravo non está ben fixo na parede. SINÓNIMOS firme, fito, seguro, suxeito ANTÓNIMO frouxo Ter a mirada fixa nunha cousa. SINÓNIMOS firme, fito3 Que está establecido dunha maneira precisa, que non varía. Na fábrica traballa un número fixo de empregados. SINÓNIMOS constante, permanente Residencia fixa. ANTÓNIMOS temporal1, variable Unha idea fixa.4 [Emprego, cargo] que ten carácter definitivo. Un posto fixo. SINÓNIMO efectivo ANTÓNIMO eventual5 [Persoa] que ten un contrato de traballo por tempo indefinido e forma parte do cadro de persoal. Xa leva anos no choio ese pero aínda non está fixo. SINÓNIMO efectivo ANTÓNIMOS eventual, interino substantivo masculino6 Cantidade fixa. Percibe un fixo cada mes e ademais unha comisión en función das vendas. adverbio7 Con seguridade. Non sei fixo cando chega. SINÓNIMO fixamente FRASES E EXPRESIÓNS CON fixo Barra fixa VÉXASE barra1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!