foco
Audio 1

foco1 substantivo masculino1 Física Punto onde converxen os raios luminosos procedentes dun punto emisor distante ao pasar a través dunha lente ou ao ser reflectidos por un espello. Unha lupa concentra os raios de sol nun foco.2 Punto, aparello etc., en que ten orixe e desde onde se espalla a luz ou a calor. Mantéñase o aparello lonxe dos focos de calor. CONFRÓNTESE fonte3 figurado Punto en que se concentra un fenómeno, un mal etc., e desde o que se propaga. Un foco de infección. Focos de rebelión.4 Obxecto que consiste nunha especie de caixa que leva no interior unha lámpada que emite unha luz moi potente. Cegábano os focos do estadio. CONFRÓNTESE farol5 Aparello que consiste nunha caixa, polo xeral en forma de rectángulo ou de cilindro, portátil, que leva no interior unha lámpada a pilas para producir luz. Alumeaba o camiño co foco. SINÓNIMO lanterna6 Matemáticas Punto singular, polo xeral non pertencente á curva, respecto do cal se manteñen constantes determinadas distancias relacionadas con todos os puntos da curva. A suma das distancias dende os dous focos da elipse a un punto calquera dela é constante.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!