fogo
Audio 1
Audio 2

fogo substantivo masculino1 Luz e calor producidas pola combustión. Se o fogo está onda a estopa, vén o demo e sopra. SINÓNIMO lume O fogo é un fenómeno físico.2 Artificio de pólvora. Botaron fogos na festa. SINÓNIMOS bomba1, foguete3 Disparo producido por unha arma de fogo. Avanzaban baixo o fogo do inimigo. substantivo masculino plural4 Conxunto de pezas explosivas que se queiman nun festexo e que producen efectos luminosos e estoupidos. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse en singular como colectivo Botar o fogo. Este ano houbo bos fogos nas festas. SINÓNIMOS fogos artificiais, fogos de artificio FRASES E EXPRESIÓNS CON fogo Arma de fogo VÉXASE arma Fogo ardente Enfermidade que produce ardor intenso e dores moi fortes. A curandeira facíalle cruces para curarlle o fogo ardente. Fogo cruzado O que se realiza con armas de fogo desde dous ángulos distintos contra un mesmo obxectivo. Foron moitas horas de fogo cruzado. Fogo de santelmo VÉXASE santelmo Fogo fatuo Luz emitida polas substancias que emana un corpo en descomposición. O fogo fatuo dos pantanos. Fogos artificiais Fogo (acepción 4). Rematou a verbena cunha sesión de fogos artificiais. Fogos de artificio Fogo (acepción 4). Fomos ver o espectáculo de fogos de artificio.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!