formar
Conxugar
Audio 1

formar /verbos/formar.html verbo transitivo1 Dar existencia e forma a [algo], a partir dunha materia ou de varios elementos. Formade unha frase utilizando as seguintes palabras. SINÓNIMOS compoñer, compor, construír A experiencia contribúe a formar a personalidade. SINÓNIMOS configurar, conformar Formaron entre varios alumnos un equipo de traballo. Agárdase que o presidente forme novo goberno antes dunha semana. SINÓNIMOS compoñer, compor, constituír2 Ser algo ou alguén unha das partes ou elementos de que consta [outra cousa ou un colectivo]. A asociación fórmana cincocentas persoas. Once xogadores forman o equipo titular. SINÓNIMOS compoñer, compor, constituír, integrar Forman unha familia moi alegre. SINÓNIMOS compoñer, compor, constituír3 Dar unha determinada formación a [alguén]. Nese centro forman os mellores profesionais. SINÓNIMOS educar, instruír4 Milicia Dispor [a tropa] de forma ordenada, en filas. O capitán formou a tropa. verbo intransitivo5 Adquirir formalidade. Este rapaz non dá formado.6 Milicia [Tropa] disporse de forma ordenada, en filas. Os soldados recibiron a orde de formar. verbo pronominal7 [Cousa] adquirir certa forma a partir dunha materia ou de varios elementos. Co vento fórmanse dunas no deserto.8 [Algo] chegar a ser realidade, como froito da unión de varias persoas ou cousas. Formouse unha nova sociedade industrial. SINÓNIMO constituírse9 Recibir unha determinada formación. Formouse nos mellores colexios, cos mellores mestres. SINÓNIMO instruírse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!