formigo
Audio 1

formigo substantivo masculino1 Doenza que vai desfacendo os pezuños ou os cascos do gando pola parte inferior. Tradicionalmente o formigo cúrase arrincando un terrón e introducindo o pé do animal no oco.2 Inflamación con pus producida na pel dun dedo, polo xeral nos bordos da uña. O cativo non para de chorar porque ten un formigo nun dedo. SINÓNIMO colledizo3 Sensación de proído ou de cóxegas que se sente nos pés ou nas mans ao estirar as pernas ou os brazos despois de telos moito tempo dobrados ou apertados impedindo a normal circulación do sangue. Teño o formigo na man porque estiven lendo apoiado no brazo.4 Primeiro leite que dá a vaca despois de parir. OBSERVACIÓNS: Tamén se utiliza en plural En moitos lugares utilizan o formigo para facer filloas. SINÓNIMOS costro, leite tenreiro5 Filloa feita co primeiro leite que dan as vacas despois de parir. Os formigos con mel son moi saborosos. substantivo masculino plural6 Comida preparada con pan esmigallado, ovo e azucre, ou con pan esmigallado, trigo ou millo esmagados e cocido todo con auga ou leite. Preparou uns formigos para almorzar. FRASES E EXPRESIÓNS CON formigo Sentir o formigo Estar inquieto, non ter acougo físico ou moral. Seica tes o formigo, que non paras. SINÓNIMO ter o formigo Ter o formigo Sentir o formigo. Ten o formigo desde que sabe a noticia.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí