fosa
Audio 1

fosa substantivo feminino1 Escavación feita na terra, máis ou menos larga e fonda. Cavou unha fosa para gardar o tesouro. Os soldados cavaron fosas para dificultar o avance inimigo. SINÓNIMO foxa2 Escavación feita na terra para sepultar un cadáver. Xa meteron o morto na fosa. SINÓNIMOS buraca, burata, cova, foia, foxa, tumba13 Anatomía Cavidade que presentan certos órganos, máis aberta na entrada ca no fondo. Fosas nasais. FRASES E EXPRESIÓNS CON fosa Fosa abisal Xeoloxía Depresión alongada e moi profunda do fondo do mar situada xeralmente preto da costa. A fauna dunha fosa abisal. SINÓNIMO foxa abisal Fosa común Fosa onde se enterran os restos dos cadáveres exhumados dunha sepultura temporal ou os defuntos que carecen de sepultura particular. A fosa común atopábase adornada con vasos de flores silvestres. SINÓNIMO foxa común Fosa séptica Depósito ou pozo destinado á recepción de augas residuais, que permite a decantación e descomposición dos restos sólidos e o filtrado posterior de líquidos. A fosa séptica presentaba defectos de construción e provocaba malos olores. SINÓNIMO foxa séptica, CONFRÓNTESE pozo negro Fosa tectónica Xeoloxía Depresión da codia terrestre alongada e limitada por fallas paralelas e elevadas. Estudamos a formación das fosas tectónicas. SINÓNIMO foxa tectónica

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí