franco, franca
Audio 1
Audio 2
Audio 3

franco1 (feminino: franca) adxectivo1 Relativo ou pertencente ao pobo xermánico que ocupou a Galia nos séculos V e VI. A civilización franca. A invasión franca.2 literario De Francia ou dos seus habitantes. As relacións co goberno franco están en auxe. SINÓNIMOS francés, galo2 substantivo3 Individuo deste pobo xermánico. Os francos vivían en tribos confederadas.4 literario Persoa natural ou habitante de Francia. Os francos, os nosos veciños alén dos Pireneos. SINÓNIMOS francés, galo2 substantivo masculino5 Antiga lingua xermánica falada por este pobo. Estudos sobre o franco. SINÓNIMO fráncico

franco, franca
Audio 1
Audio 2
Audio 3

franco2 (feminino: franca) adxectivo1 Que permite o paso, sen obstáculos. Deixaron franco o camiño. SINÓNIMOS expedito, libre2 Libre do pagamento de impostos ou taxas. Porto franco. Zona franca.3 Que se manifesta de modo claro, sen artificios, ou que manifesta esa actitude. É unha persoa franca. Carácter franco. Resposta franca. SINÓNIMO sincero

franco
Audio 1

franco3 substantivo masculino1 Unidade monetaria de Francia, Bélxica e Luxemburgo ata a adopción do euro e tamén de Suíza, Benín, Burundi, Chad, Senegal e outros países. Franco francés.2 Moeda que representa esta unidade. Pagar en francos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí