gaita
Audio 1

gaita substantivo feminino1 Instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire. ao premer o fol entre o brazo e o costado. En todas as romarías se toca a gaita.2 popularPene E veña a botarlle man a gaita! FRASES E EXPRESIÓNS CON gaita Andar con gaitas Facer ou dicir cousas que enfastían ou molestan. Non lle vaias con gaitas, que se enfada. SINÓNIMO vir con gaitas Farrapo de gaita VÉXASE farrapo Gaita grileira Gaita afinada en re, que ten un son máis agudo. A gaita grileira estaba feita de granadillo. Gaita redonda Gaita afinada en do, máis grande ca a grileira. Herdou do seu avó unha fermosa gaita redonda e a súa afección á música. Gaita tombal Gaita afinada en si bemol, que ten un son máis grave. A gaita tombal é a de maior tamaño. Non estar para gaitas Non estar para lerias ou bromas. Hoxe levantouse de mal humor, non che está para gaitas. Vir con gaitas Andar con gaitas. Cala, cala! Non veñas agora con gaitas. Ser unha gaita Ser un inconveniente ou unha dificultade. Éche unha gaita ter que marchar con este tempo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí