gancho
Audio 1

gancho substantivo masculino1 Instrumento de metal ou madeira, rematado en curva por un ou polos dous extremos, que serve para colgar ou coller algo. Nas cortadorías teñen a carne colgada en ganchos.2 Labor de tecido que se fai coa agulla de gancho. Gústalle facer gancho no seu tempo libre.3 coloquial Persoa utilizada para atraer a xente, xeralmente para facer caer a alguén nunha trampa ou engano. Os estafadores utilizaban como gancho a unha persoa desvalida.4 coloquial Atractivo dunha persoa ou cousa. Ten algo especial, é unha persoa con gancho.5 Deporte Golpe de boxeo que se dá co brazo arqueado de abaixo cara a arriba. Dun gancho tirouno ao chan e ganou o asalto.6 Deporte Tiro a canastra en deportes como o baloncesto, que se realiza arqueando o brazo sobre a cabeza. O pivote tirou un gancho e encestou. FRASES E EXPRESIÓNS CON gancho Agulla de gancho Agulla coa punta curva ou en forma de gancho. Colle unha agulla de gancho e empeza a facer a cadeneta. De gancho Que se fai con agulla de gancho. Un tapete de gancho. Labor de gancho Gancho (acepción 2). Está aprendendo a facer labor de gancho.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!