garda
Audio 1

garda substantivo feminino1 Acción e efecto de gardar. Fixo garda toda a noite.2 Grupo de soldados ou de xente armada que se encarga da protección ou da vixilancia de persoas ou lugares. A garda fai o troco ás doce.3 Milicia Corpo armado encargado de manter a orde e da protección de certos personaxes. A garda de asalto. A garda real.4 Cousa que protexe ou reforza, como por exemplo, a folla dobre que se pega nas cubertas dun libro para protexer a primeira e a última páxina. Púxolle gardas novas ao dicionario. substantivo5 Individuo que é membro dun corpo de seguridade. Prendérono uns gardas. CONFRÓNTESE gardián FRASES E EXPRESIÓNS CON garda En garda locución adverbial 1 En actitude de defensa, en deportes como o boxeo, a esgrima etc. En garda, que che vai zoscar coa esquerda! 2 Sobre aviso, alerta. Puxérannos en garda e non nos colleu de sorpresa. Estar de garda 1 Milicia Encargarse da custodia dun establecemento de importancia militar, con horarios e quendas prefixadas. O soldado estaba de garda e non podía abandonar o seu posto. 2 por extensión Encargarse do funcionamento de certos establecementos de carácter civil. Para a semana está de garda. Garda Civil 1 Corpo armado do Estado español encargado da seguridade e da orde no medio rural. OBSERVACIÓNS: O nome desta institución escríbese con maiúscula Todos os individuos que entraron de paisano no local pertencían á Garda Civil. SINÓNIMO benemérita 2 Individuo deste corpo. O garda civil pediulle que se identificase. Garda pretoriana 1 Antigüidade clásica Garda formada por soldados que tiñan como misión protexer o emperador. A morte do emperador provocou a sublevación da garda pretoriana. 2 Grupo de forza armada que ten como misión protexer un gobernante, un político, unha personalidade destacada etc. A garda pretoriana do ditador axudoulle a manter o seu réxime autoritario. Garda urbano Garda que coida de que se cumpran na cidade as normas que dita o concello, como as que se refiren ao tránsito, aos ruídos nocturnos etc. O garda urbano dirixía o tráfico da praza. SINÓNIMOS garda municipal, municipal

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!