golpe
Audio 1

golpe2 substantivo masculinoRaposo O golpe matounos dúas galiñas.

golpe
Audio 1

golpe1 substantivo masculino1 Choque máis ou menos violento de dous corpos. Tirou con el dun golpe.2 Efecto ou dano producido ao chocar brusca ou inesperadamente dous corpos. Levou un bo golpe na cabeza. SINÓNIMO broucazo CONFRÓNTESE contusión3 Ruído que produce un corpo ao chocar con outro. Oímos o golpe desde a casa.4 figurado Desgraza, suceso adverso. A súa morte foi un duro golpe para a familia. CONFRÓNTESE lategazo, sacudida5 Acción preparada e realizada con astucia e precaución. O golpe estaba previsto para o día D.6 Acontecemento ou acción súbita e inesperada. Un golpe de sorte. Un golpe de audacia. FRASES E EXPRESIÓNS CON golpe De golpe locución adverbial De modo súbito ou brusco. Apareceu de golpe diante de nós. SINÓNIMOS de repente, de socate, de socato, de súpeto Golpe de Estado Acción subversiva que consiste en facerse co poder político dun país por medios ilegais. Altos cargos militares apoiaron o golpe de Estado. Golpe de mar Gran vaga de mar que bate contra a costa ou contra unha embarcación. Un golpe de mar afundiu o barco. Golpe seco Golpe rápido que produce un ruído seco. Matouno dun golpe seco na caluga. Non dar golpe Estar folgando continuamente. En todo o día non deu golpe. SINÓNIMOS non dar pancada, non facer branca, non facer pancada, non mover unha palla

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!