gran
Audio 1

gran1 substantivo masculino1 Semente dos cereais. Engadiulle uns grans de arroz á potaxe. Bótalles uns grans de maínzo ás galiñas.2 por extensión Froito, semente ou calquera outra parte pequena e arredondada de certas plantas. Uns grans de pementa danlle un aquel que a fai máis saborosa. Á queimada bótalle uns grans de café.3 Porción moi pequena dun corpo, xeralmente de forma arredondada. Traía os zapatos cheos de grans de area. Ao café só lle bota uns grans de azucre.4 Lesión cutánea, que polo seu aspecto recorda a semente dos cereais, producida polo levantamento da epiderme a consecuencia da picadela dun insecto, dunha doenza etc. Se comes chocolate, xa sabes que che saen grans. Picouse cunha ortiga e ten o brazo cheo de grans. O xarampón, a varicela e outras doenzas producen grans. CONFRÓNTESE aldroga, ampola, bocha1, bóchega, bóldrega, borrecas, boza1, roncha, vexiga, vincha, vinchoca5 Forma de agregación das partículas que constitúen unha substancia e que determinan a maior ou menor aspereza ao tacto. Unha madeira de gran fino.6 Conxunto de desigualdades, semellantes aos grans dos cereais, que presenta unha superficie. Tes que usar unha lixa co gran máis fino. Unha lima co gran tan groso non é boa para limar esa peza.7 Minaría Estrutura dunha rocha formada por pequenos elementos, xeralmente perceptibles a simple vista. Unha rocha de gran fino.8 Minaría Cada unha das partículas ou cristais que constitúen unha rocha. No granito a cohesión dos grans é moi grande.9 Farmacia Medida equivalente a uns cinco centigramos. Engadiulle ao preparado dous grans de po de alcanfor.10 Cuarta parte dun quilate. Un diamante de tres grans.11 Parte exterior das peles curtidas. Puír o gran do coiro.12 Fotografía Cada unha das manchas negras ou grises, constituídas por unha acumulación de partículas de prata reducida, que no seu conxunto forman a imaxe fotográfica. Do maior ou menor grosor do gran depende a nitidez dunha fotografía.13 figurado Cantidade mínima de calquera cousa. Non ten un gran de malicia. FRASES E EXPRESIÓNS CON gran Moita palla e pouco gran VÉXASE palla

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!