grao

grao1 Forma correcta: gran1

grao

grao2 substantivo masculino1 Cada un dos estados, situacións ou valores que pode ter unha cousa en relación de menor a maior ou viceversa. Os distintos graos dunha xerarquía. Un alto grao de risco. A vítima presentaba queimaduras de primeiro grao. CONFRÓNTESE nivel2 Lugar na escala da xerarquía militar. Acadou o grao de coronel. SINÓNIMO rango3 Título que se consegue ao superar determinados niveis de estudos. Grao de doutor.4 Matemáticas Cada unha das trescentas sesenta partes nas que se dividen a circunferencia e o círculo e coas que se miden arcos e ángulos. Un ángulo de trinta graos.5 Cada unha das divisións ou unidades dunha escala que corresponden a un sistema de medida, como o da temperatura ou o alcohol. Unha temperatura de quince graos á sombra. Este viño ten moitos graos.6 Proximidade relativa de parentesco. Sonche parentes de segundo grao.7 Lingüística Cada un dos tres modos en que se expresa a intensidade do adxectivo. O superlativo é un dos graos do adxectivo.8 Matemáticas Expoñente máximo que ten a variable dun polinomio ou a incógnita dunha ecuación. Ecuacións de segundo grao. FRASES E EXPRESIÓNS CON grao En grao sumo Moito, no máis alto nivel posible. A súa actitude dificulta en grao sumo a consecución dos obxectivos. Grao Celsius Unidade de temperatura da escala Celsius. O seu símbolo é ºC. Nalgunhas cidades do interior, os termómetros marcaban ata trinta e cinco graos Celsius nesta época do ano. Grao Fahrenheit Unidade de temperatura da escala Fahrenheit. O seu símbolo é ºF. O punto de ebulición da auga en graos fahrenheit é douscentos doce. Grao Kelvin anticuado Unidade Kelvin. En ciencias, especialmente en traballos de física e química, utilízanse con moita frecuencia os graos Kelvin. Grao xeotérmico Xeoloxía Grao que aumenta a temperatura por cada 33 metros que se avance cara ao interior da terra. Un dos efectos do grao xeotérmico son os mananciais de augas quentes. Salón de graos Salón onde se celebra a colación do grao de doutor, nunha universidade. O salón de graos da Facultade de Xornalismo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!