graza
Audio 1

graza substantivo feminino1 Cousa concedida como un favor especial por unha institución dotada de autoridade. Unha graza concedida polo rei. SINÓNIMOS don1, mercé2 Calidade da persoa ou da cousa que divirte ou fai rir. É unha persoa con moita graza, moi divertida. Un chiste con graza.3 Impresión que causa algo ou alguén gracioso. Os seus chistes non me fan graza ningunha.4 Acto ou dito que reproduce esa impresión. A ver cal é a súa última graza!5 Calidade dunha persoa ou cousa que as fai atractivas. Baila moi ben, xa naceu con esa graza.6 Aquilo en que reside o atractivo, o interese etc., de algo. Para el a graza do xogo da buxaina está en saber bailala na man. A graza das ameixas está na salsa.7 Catolicismo Axuda ou don concedido por Deus ao home para que este faga o ben e acade o ceo. Estado de graza. Pola graza de Deus. FRASES E EXPRESIÓNS CON graza Dar as grazas Mostrar gratitude por algo recibido. Deulle as grazas polo regalo. Grazas interxección Expresión con que se agradece un favor ou atención. OBSERVACIÓNS: Pode usarse acompañado dunha expresión que intensifica Grazas a todos pola vosa presenza. Grazas a locución preposicional Por causa ou intervención de. Salvouse grazas aos compañeiros.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!