home
Audio 1

home substantivo masculino1 (Homo sapiens) Mamífero da orde dos primates que forma a especie humana, que se caracteriza fundamentalmente por adoptar a posición vertical, ter linguaxe articulada, intelixencia moi desenvolvida e facultade de razoar. O home é un ser social.2 Individuo da especie humana, de sexo masculino. Os órganos reprodutores do home. Homes e mulleres teñen os mesmos dereitos. SINÓNIMO varón13 Persoa de sexo masculino, considerada desde o punto de vista das súas calidades ou defectos. É un home formal. Un home de acción. Un home tranquilo.4 Persoa de sexo masculino, considerada desde o punto de vista das súas relacións profesionais, sociais etc. Home de letras. Home de estado.5 Individuo que depende dunha autoridade civil ou militar. O comisario e os seus homes. Vinte mil homes formaban a liña de combate.6 Persoa adulta, de sexo masculino. Xa está feito un home.7 familiar Marido ou compañeiro, con respecto á parella. A ver logo se podedes vir ti e mais o teu home. FRASES E EXPRESIÓNS CON home De home a home De igual a igual, con franqueza. Alí estaban, falando de home a home. Home! 1 Expresa sorpresa. Home, canto tempo! 2 Por suposto. –E ti tamén fuches? –Home! E logo ti que pensas? 3 Pode adquirir matices de significado diferentes segundo os contextos e a particular entoación, tales como o reproche, a insistencia etc. Home, por favor, xa está ben! Veña, home; un pouquiño máis! Pero home!, como consentes iso? Si, home, si! O que ti queiras. Home, que queres que che diga? Home, home!, podías ter un pouco máis de coidado. Home claro! Por suposto. -Ides vir á festa? -Home claro! Home de mundo Home con experiencia adquirida en moitos ámbitos e en circunstancias diversas. Perde coidado que é un home de mundo. Home de negocios Home que se dedica aos grandes negocios. Co tempo converteuse nun respectable home de negocios. Home de palabra Home que cumpre, do que un pode fiarse. Pódeste fiar del, éche un home de palabra. Home de prol Home ilustre, que goza de prestixio entre os seus iguais. Foi un home de prol e un benfeitor da patria. Home loboLobishome Tiña medo de atopar o lendario home lobo. Non ser morte de home Non ser moi grave. Non chores, ho, que non é morte de home. Pobre home! Expresa pena ou dó por alguén. Pobre home!, que mala sorte ten! Ser home a, ou de, ou para Ser capaz de, ser quen de. OBSERVACIÓNS: Emprégase sobre todo en construcións negativas –A que non es home de facelo? –Son home a facer iso e moito máis. Un home é un home! Expresión con que se pondera, ás veces ironicamente, o éxito dunha acción e a valentía, a forza etc., de quen a realiza. Así me gusta; un home é un home!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí