hora
Audio 1
Audio 2

hora substantivo feminino1 Cada unha das vinte e catro porcións de tempo en que convencionalmente se divide o día. O seu símbolo é h. Unha hora ten 60 minutos. Traballa sete horas ao día.2 Momento determinado do día, cifra que indica este momento no reloxo. -Que hora é? -Son as catro. Pon o espertador en hora.3 Momento adecuado ou habitual para facer algunha cousa. Mañá espérote á hora de comer. Nunca chega á hora. Agora é a hora de actuar.4 Cita fixada para un día e momento determinados. Mañá teño hora no médico. FRASES E EXPRESIÓNS CON hora A boa hora! Indica que algo esperado chega tarde de máis. A boa hora recordaches! A primeira hora Nos primeiros momentos do día. Pensamos chegar a primeira hora. A tal hora locución adverbial Neste momento. A tal hora debe de estar chegando. Coa fame que teño a tal hora, como o que sexa. Chegar a súa hora Estar morrendo ou a piques de morrer. Érache ben novo, logo chegou a súa hora, oh! En hora boa 1 Fórmula que se emprega para felicitar a alguén. Deille a en hora boa polo seu casamento. SINÓNIMO parabéns CONFRÓNTESE felicitación 2 Con felicidade, para ben. Casaches? Que sexa en hora boa. Hora curta coloquial Parto breve. Que todo vaia ben e que teñas unha hora curta. Hora extraordinaria Hora remunerada que se traballa fóra da xornada laboral. Na empresa propuxéronlle facer horas extraordinarias. Hora local Hora que sinala o reloxo no lugar onde se atopa un. Son as cinco da tarde, hora local. Hora punta Aquela en que unha actividade ou fenómeno alcanza a máxima intensidade. Atravesar a cidade en hora punta é complicado. Ter as horas contadas Faltar pouco para morrer. O médico díxonos que tiña as horas contadas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!