humor
Audio 1

humor substantivo masculino1 Cada un dos distintos líquidos do organismo animal ou vexetal cando non se denomina co seu nome específico, e en particular, na medicina antiga, cada un dos diversos líquidos do corpo humano. Da póla esgallada fluía un humor da cor do ámbar. Os catro humores cardinais, segundo Hipócrates, eran o sangue, a flegma, a bile amarela e a bile negra.2 Estado de ánimo que unha persoa ten de seu, pola súa natureza, ou que ten de forma pasaxeira por calquera circunstancia. Sempre foi unha persoa de humor agre. CONFRÓNTESE temperamento3 Estado de ánimo que inclina a unha persoa a estar alegre e a ver o lado bo das cousas. A pesar dos anos e das desgrazas aínda conserva o humor.4 Boa disposición do ánimo para facer algo. Hoxe non estou de humor para aturar os nenos.5 Maneira de presentar a realidade deformándoa con trazos cómicos. Unha revista de humor. O humor galego. FRASES E EXPRESIÓNS CON humor Bo humor Estado de ánimo alegre e optimista. Está de moi bo humor. Humor acuoso Anatomía Líquido situado entre a córnea e o cristalino. A infección ocular afectou o humor acuoso. Humor negro Aquel que se basea en circunstancias crueis ou macabras. As súas notas de humor negro resultaban, ás veces, macabras. Humor vítreo Anatomía Líquido situado entre o cristalino e a retina. O humor vítreo forma parte do globo do ollo. Mal humor Estado de ánimo enfadado, triste ou irritado. Ergueuse pola mañá de mal humor. Forma menos recomendable: malhumor Sentido do humor Capacidade para comprender e aceptar o humor ou as bromas dos demais, ou para obrar con humor. É unha persoa extravertida con moito sentido do humor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí