idade
Audio 1

idade substantivo feminino1 Tempo vivido por un ser desde o seu nacemento ata o momento que se considera. Aparenta máis idade da que ten. O can xa fixo os dez anos de idade.2 Período determinado da vida dun ser. Era un home de idade madura. Meu pai xa entrou na terceira idade: ten setenta anos.3 Período da historia. Coa Revolución Francesa empeza a Idade Contemporánea. A Idade de Bronce. FRASES E EXPRESIÓNS CON idade De certa idade Bastante maior. Seu avó xa é unha persoa de certa idade. De idadeVello É un home de idade. Idade Antiga Período que abarca desde os primeiros feitos históricos ata o principio da Idade Media (século V). Estudou os avances na agricultura desde a Idade Antiga ata a actualidade. SINÓNIMO antigüidade Idade Contemporánea Período da historia que abarca desde 1789 ata os nosos días. Na Idade Contemporánea prodúcese o desenvolvemento da bioloxía, das matemáticas, da química e da electricidade. Idade de Bronce Etapa da Idade dos Metais na que se utiliza o bronce para fabricar armas e utensilios. No museo hai pezas da Idade de Bronce. Idade de Ferro Período da Idade dos Metais que se caracteriza polo descubrimento e uso do ferro. Na escavación atopáronse restos da Idade de Ferro. Idade de Pedra Período da Prehistoria que se caracteriza polo uso de útiles de pedra. Durante a Idade de Pedra era moi empregado o sílex. Idade dos Metais Última etapa da Prehistoria na que se usan diferentes metais para fabricar utensilios. A Idade dos Metais divídese en tres etapas. Idade Media Período da historia que segue a Idade Antiga e que vai desde a caída do Imperio Romano de Occidente (476) ata a caída de Constantinopla (1453) ou o descubrimento de América (1492), segundo os autores. As peregrinacións a Santiago comezan na Idade Media. SINÓNIMO medievo Idade mental Psicoloxía Nivel de desenvolvemento intelectual dunha persoa. A idade mental determínase mediante test. Idade Moderna Período da historia que segue á Idade Media e chega ata 1789, data da Revolución Francesa. Na Idade Moderna producíronse importantes cambios económicos e sociais. Maior de idade Cos anos que a lei marca para ter plenos dereitos e deberes civís. Só poden votar os que son maiores de idade. Maioría de idade VÉXASE maioría Menor de idade VÉXASE menor Minoría de idade VÉXASE minoría Pirámide de idades VÉXASE pirámide

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!