ir
Conxugar
Audio 1

ir /verbos/ir.html verbo intransitivo1 Moverse cara a un lugar, desprazarse no espazo. Iremos en avión. ANTÓNIMO vir Os coches de carreiras poden ir a máis de trescentos quilómetros por hora. OBSERVACIÓNS: Cando o que se despraza é un vehículo, é frecuente que o suxeito sexa a persoa que o conduce O piloto ía demasiado rápido para tomar unha curva tan pechada.2 Desprazarse a un lugar no que se permanece durante certo tempo para algo determinado e propio dese lugar. Non fun á conferencia porque non me apetecía. SINÓNIMO asistir Vai a un ximnasio preto da casa.3 Desenvolverse dunha determinada maneira, acharse nun determinado estado. Non darás rematado, vas moi lento co traballo. Como vai o asunto do crédito? Que tal vai a lavadora nova? Co tratamento parece que vou mellor.4 [Cousa] ocupar un espazo, estenderse dun lugar a outro tanto no espazo coma no tempo. O anaco que nos interesa vai da páxina quince á vinte. A autoestrada que vai da Coruña a Santiago.5 [Cousa] ser do agrado de alguén. A el vanlle ese tipo de festas.6 [Unha cousa con respecto a outra] combinar ben. Eses zapatos non van co bolso que levas. SINÓNIMO cadrar CONFRÓNTESE acaer7 Levar posta a roupa apropiada ou roupa dun determinado tipo, cor etc. Non vou ben para unha cerimonia deste rango. Ir de etiqueta.8 Ser, ter o carácter que se indica. OBSERVACIÓNS: Seguido de certas expresións de modo Vai en serio.9 Existir diferenza. Do pai ao fillo non vai moito.10Apostar OBSERVACIÓNS: Emprégase en presente de indicativo Vai a que non me gañas. Van mil euros a que sae o azul.11(ir por ou con) Referirse ou afectar a alguén. Tranquilo que iso non vai por ti. Esa cuestión non vai con el.12 [Circunstancia climática] haber. Estes días vai moita calor. Arróupate, que vai frío.13 [Persoa] corresponderlle tomar parte no xogo, facer unha xogada. Atento! Agora vas ti.14 Ser peza ou parte de, estar situado en. O pistón e a biela van no motor. As ilustracións van nas últimas páxinas.15 [Cousa] corresponderlle un prezo determinado. Neste tempo os amorodos van caros. verbo pronominal16 [Cousa, persoa] abandonar o lugar onde está. OBSERVACIÓNS: Pode ir acompañado dun complemento indicando o lugar de destino Nós ímonos que é tarde. Vaise para Alemaña. SINÓNIMO marchar O tren foise ás dúas en punto. SINÓNIMO partir17 figuradoMorrer Despois de tanto padecer, foise.18 [Líquido, gas] saír do recipiente que o contén. Ten coidado, que non se che vaia o leite.19 [Cousa] deixar de existir ou de estar presente. Non se me vai a dor de cabeza. SINÓNIMO pasar1 Esta mancha non se acaba de ir. SINÓNIMOS arriar, dar, desaparecer, quitarse, sacarse, saír Non se lle vai da mente esa idea. FRASES E EXPRESIÓNS CON ir A onde (vas, vai, van...) con...? Expresión con que se indica que algo que unha persoa leva ou fai se considera esaxerado ou inadecuado. A onde vas con tanto libro? Como (che, lle...) vai? Fórmula de cortesía con que se lle pregunta a alguén pola súa saúde, traballo etc. Que tal? Como che vai? Como (che, vos...) vaia aí Frase de ameaza. Deixade, que como vos vaia aí, pobres de vós. Deixarse ir VÉXASE deixar Ir a Dirixirse a. -A onde vai o rapaz? -Vai á tenda por froita. Ir ao chan VÉXASE chan Ir ao seu Recuperar o estado normal ou natural. A cousa vai indo ao seu. Ir ao (teu, seu, noso...) Preocuparse unicamente polos asuntos propios. Vós ide ao voso e deixádeme en paz. Ir buscar VÉXASE buscar Ir (algo) en.. Depender daquilo que se indica. Iso vai no carácter de cada un. Ir e + verbo Expresión que se utiliza na lingua falada para animar un relato e que se coloca encabezando as frases. Entón o pai vai e engánchao polo pescozo. SINÓNIMOS agarrar e + verbo, coller e + verbo Ir en Estar temporalmente nun lugar ou estar camiño del. -Está Xoán? -Non, vai na escola. -Fostes buscar a auga? -Vai Darío nela. Ir en contra ou a favor de Pensar actuar da maneira que se expresa. Non vai ir en contra do seu propio equipo. Ir en Alcanzar un punto, número, lugar etc., nunha actividade, proceso etc., que inda non terminou. Vai na páxina vinte. SINÓNIMO ir por Ir + inf 1 Indica movemento. Vai abrir as ventás. Foi caer ao pé duns bocois. 2 Que se ten a intención de. Dixo que ía chamar cando chegase. 3 Futuro inmediato. Parece que vai chover. SINÓNIMO querer Imos chegar tarde. Ir (me, che...) mal Pórse mal, enfermo. Case lle vai mal por culpa do que comeu. Ir para Mostrar calidades para, ou estudar para algo que se expresa. Vas para artista. Vai para cura. Ir para (un período de tempo) que Transcorrer certo tempo desde que sucedeu un feito. Vai para quince días que deixou a fábrica. Ir + part 1 O verbo ir conserva a idea de movemento e co participio atribúeselle unha calidade ao suxeito. Ía montado nun burro vello. 2 Desaparece a idea de movemento e co participio atribúeselle unha calidade ao suxeito. As pechaduras van gastadas, logo haberá que cambialas. Ir por 1 Ir buscar. Vaime pola chaqueta. 2 Ir en. Xa van polo quilómetro corenta. 3 Expresión que se emprega para brindar por algo. Vaia polo teu éxito! 4 Pretender [a persoa que se expresa]. Suso vai por ti. Irse da lingua VÉXASE lingua Írselle a man (a alguén) VÉXASE man Ir + xer Indica desenvolvemento progresivo. Ao pouco de vir foi mellorando ata poñerse ben de todo. Vai enchendo as caixas mentres eu lles busco un sitio. Nin me (che, lle...) vai (van...) nin me (che, lle...) vén (veñen...) Non importar. A nós nin nos vai nin nos vén o que el faga. Onde vai que...! Canto tempo hai! Onde vai que casou! Vaiche boa VÉXASE bo Vai de aí 1 Marcha, aparta de aí. Vai de aí, que me estorbas. 2 Expresión dirixida a quen badúa ou di impertinencias. Non sabes o que dis, anda, vai de aí. Vai ti saber Expresión con que se afirma que algo é difícil de saber ou con que se comeza para formular unha hipótese. Onde estará? Vai ti saber. Vai ti saber se non marchou para non comprometerse.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!