irmán, irmá
Audio 1
Audio 2

irmán (feminino: irmá) substantivo1 Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai. OBSERVACIÓNS: Utilízase tamén ao falar dos animais e incluso das plantas Ten catro irmáns e el é o máis vello.2 figurado Persoa que, con respecto a outra, comparte os seus mesmos intereses, ideais etc. Guerra entre irmáns.3 Membro dunha confraría ou irmandade. Os irmáns da confraría pagan unha cota mensual.4 Tratamento que reciben os relixiosos de certas ordes ou comunidades. No convento recibiunos a irmá Asunción. Irmán Daniel. adxectivo5 [Cousa] que ten a mesma orixe. O francés e o italiano son linguas irmás. Pobos irmáns. ANTÓNIMO desirmán6 figurado [Cousa] que garda moita semellanza. No cabo da rúa hai un edificio que parece irmán deste. ANTÓNIMO desirmán FRASES E EXPRESIÓNS CON irmán Irmán políticoCuñado Un dos meus irmáns políticos é alemán. Medio irmán Irmán só por parte de pai ou por parte de nai. Seu pai volveu casar e ten dous medios irmáns.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí