lei
Audio 1

lei1 substantivo feminino1 Regra obrigatoria de carácter xeral establecida pola autoridade correspondente. As leis recóllense nun código.2 Conxunto destas regras. Todos os cidadáns son iguais diante da lei.3 Regra, condición imposta polas circunstancias, pola condición social, polas persoas etc. As leis do honor. A lei do máis forte.4 Física Fórmula xeral que enuncia unha relación constante entre fenómenos físicos. A lei da gravidade.5 Proporción de metal fino contido nunha aliaxe, en particular de ouro ou prata nunha moeda ou noutro obxecto. Unha moeda de baixa lei. FRASES E EXPRESIÓNS CON lei De lei Que ten a pureza sinalada pola lei. Regaláronlle uns pendentes de prata de lei. Forza de lei VÉXASE forza Lei de bases Norma pola que o parlamento delega no goberno para que desenvolva os artigos dunha lei, seguindo os principios e criterios marcados. Lei de bases de réxime local. Lei do talión Principio segundo o cal o culpable debe ser castigado con igual dano ca o que causou. Actualmente aínda subsisten vestixios da lei do talión nalgúns países. Lei sálica Lei que exclúe do trono as mulleres e os seus descendentes. Aprobaron a supresión da lei sálica. Lei seca Prohibición do tráfico e consumo de bebidas alcohólicas. As autoridades estatais impuxeron a lei seca.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!