leite
Audio 1

leite substantivo masculino1 Líquido branco segregado polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos, co que alimentan as crías. O leite da nai é o mellor alimento para os nenos de teta.2 Este líquido, extraído das femias de certos animais, que se utiliza como alimento. Leite de vaca. En Galicia hai unha importante produción de leite. Produtos derivados do leite.3 Zume branco de certas plantas. As leitugas deitan leite ao cortalas. CONFRÓNTESE látex4 Líquido branco coma o leite. Leite de coco, leite de améndoa.5 Produto cosmético de aspecto semellante ao leite. Utiliza leite limpador antes da crema hidratante.6 popularEsperma A bruxa engadiulle á apócema leite de cabrón. FRASES E EXPRESIÓNS CON leite Arroz con leite VÉXASE arroz Dente do leite VÉXASE dente Do leite 1 Que aínda mama. Un ranchiño do leite. SINÓNIMO mamote 2 Dedicado á produción de leite. Venderon as vacas do leite. Leite anello Leite que dá a vaca varios meses despois do parto, cando adquire as súas mellores calidades. O leite anello é o mellor. Leite batido Leite que queda despois de bater a tona para facer a manteiga. Botou o leite batido nunha cunca. SINÓNIMO leite mazado Leite callado Leite que se coagulou, de maneira que queda a materia sólida separada do soro. Co leite callado faise o requeixo. SINÓNIMOS callada, leite preso, leite xiprón Leite condensado Leite concentrado ao que se lle engadiu azucre. Botoulle leite condensado ao café. Leite cortado Leite que se acedou por culpa da calor. O leite cortado non serve para tomar. SINÓNIMO leite picado Leite de galiña Planta herbácea da familia das liliáceas, de bulbo abrancazado e flores brancas ou amarelas en acio, da que existen varias especies. O leite de galiña aparece en prados e bosques. SINÓNIMOS leite de paxaro, ornitógalo Leite de paxaro Leite de galiña. O leite de paxaro florece en primavera. Leite en po Po que se obtén por evaporación do leite. Para a preparación de biberóns utilízase leite en po. Leite frito Sobremesa que se prepara cunha masa de fariña e leite que se reboza e se frite. De sobremesa pedimos leite frito. Leite mazado Leite batido. Almorzou co leite mazado. Leite picado Leite cortado. Deixou o leite picado a ver se callaba. Leite preso Leite callado. Toma o leite preso con sopas. Leite tenreiro Primeiro leite que dá a vaca despois de parir. Muxiu a vaca e deulle o leite tenreiro ao cuxo. SINÓNIMOS costro, formigo Leite xiprón Leite callado. O leite que deixaches na pota volveuse leite xiprón.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí